Tui25km – Inscricións abertas

O Clube de Montaña Xistra en colaboración co Concello de Tui e a Entidade Local Menor de Pazos de Reis anima a participar na marcha puntuable do VI Open de Andainas de Regularidade “Tui25km” (longa) ou a andaina non puntuable de 16 km que se celebrarán o domingo 24/11/2019.

Proba puntuable Tui25km
A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming
O prezo de inscrición é de 12€ en xeral e de 9€ para montañeiros federados FEDME.
O lugar de inicio será na Macoca. A saída será ás 9:00 h con saída en liña.

Proba libre Coñece o Aloia 16 km
A inscrición da proba de 16 km debe realizarse na páxina web de galitiming
O prezo de inscrición é de 10€ en xeral e de 7€ para montañeiros federados FEDME.
O lugar de inicio será na Macoca. A saída será ás 9:30 h con saída en liña.

Enlace para a inscrición na pasarela de Galitiming -> Aquí