27/04/2024

Calendario, Probas e inscricións.

Probas 2024

X OPEN DE ANDAINAS DE REGULARIDADE 25 KM

  1. Guláns 25 km (Ponteareas): 17 Marzo 2024
  2. Xinzo 25 km (Ponteareas): Pte.
  3. Ponteareas 25 km: Pte.
  4. Tui 25 km: Pte.
  5. Vigo 25 km: Pte.

Prezos 2024

O prezo das inscricións en 2024 será o seguinte:

Federados FEDME/FGM:  12 €
Resto de participantes:    15 €

Poderán participar maiores de 14 anos acompañados sempre polos seus titores.

O sistema de inscricións será a través de web con pago mediante tarxeta de débito/crédito, pechándose uns días antes das correspondentes probas.
Non se poderá pagar na proba.

Calendario


Dirección pública deste calendario en formato iCal.
(Use esta dirección para acceder ó calendario dende outras aplicacións).
https://calendar.google.com/calendar/ical/marchas25km%40gmail.com/public/basic.ics

Nota: O Open de Andainas de 25km comezou o ano 2014. No ano 2019 creouse e rexistrouse a marca Open Andainas 25 km – 25km.es para unificar imaxe e para uso gratuíto dos organizadores das probas. Celebráronse eventos ininterrompidamente ata o ano 2020, no que sería o sétimo ano, e no que só puideron facerse dúas probas (Noia e Marín), tendo que anular o resto do Open a consecuencia da Covid-19. No ano 2021 non foi convocado o calendario pola mesma pandemia. No ano 2022 retómase considerándose o oitavo ano de celebración, aínda que (excepcionalmente) sen competición de regularidade. No ano 2023 comézase novamente coas clasificacións de regularidade.