Cancelado o VII Open de Andainas de Regularidade 25 km Estimados deportístas: No día de hoxe, 19/05/2020, en reunión telemática dos Organizadores das distintas probas do VII Open de Andainas de Regularidade 25 km tomáronse os seguintes acordos: 1.- A proba de Andaguláns25km que estaba aprazada polo estado de alarma do Covid-19, pasa a ser […]
Categoría: #open25km
19/05/2020 Cancelada Andaguláns25km
PROBA CANCELADA ANDAGULÁNS 25 KM ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL DE GULÁNS VII OPEN DE ANDAINAS DE 25 KM DE REGULARIDADE. OS ORGANIZADORES ANTE A SITUACIÓN DE CONTINUA ALERTA SANITARIA CONSIDERAMOS QUE DEBEMOS CANCELAR A PROBA DE 2020 DE GULÁNS. PROCEDEREMOS A REINTEGRAR AS INSCRICIÓNS A TÓDOLOS PARTICIPANTES MEDIANTE O ABONO NAS SÚAS TARXETAS DE CRÉDITO. […]
Oferta de inscricións gratuítas para Andaguláns25km
Sorteo de inscricións de balde Andaguláns25km Lembrade que entre tódolos que se inscriban antes do 9 de Marzo, sortearanse 5 inscricións gratuítas Peche de Inscricións: o mércores 18 de Marzo, ás 23:59 horas Non deixedes pasar esta oportunidade, inscribídevos canto antes!
16/02/2020 Resultados Noia25km 2020
Os resultados da proba o día 16/02/2020 en Noia foron: Resultados Noia25km * Resultados por nome * Clasificación por puntos Parabéns para os primeiros clasificados: Ptos. 98.64 – Concha Alcalde García. Ptos. 98.63 – Marcos Vinagre Santiago. Ptos. 98.33 – Ana María Dasilva Castro.
03/02/2020 – Andaguláns25km abrirá a súa inscrición
A proba de Andaguláns25km abrirá as súas inscricións o próximo luns día 3 de febreiro de 2020, polo que os que esteades interesados podedes anotarvos a esta proba. Aqueles que o fagan no inicio entrarán nun sorteo de 5 prazas de balde. Os compañeiros de Guláns sempre nos sorprenden con interesantes rutas e no final […]
22/01/2020 – Apertura de inscricións para Marín25km
Apertura de inscricións para Marín25km O próximo día 22 de xaneiro abriranse as inscricións, a través da súa pasarela electrónica, para a proba de Marín25km. Celebrarase o 8 de marzo de 2020. Para facilitarvos o acceso, podedes inscribirvos no botón superior.
Oferta de inscricións gratuítas para Noia25km
Sorteo de inscricións de balde Noia 25 km Lembrade que entre tódolos que se inscriban antes do 31 de Xaneiro, sortearanse 5 inscricións gratuítas Peche de Inscricións: 12 de Febreiro, ás 23:59 horas Non deixedes pasar esta oportunidade, inscribídevos canto antes!
11/01/2020 – Aberta inscrición Noia25km
Abertas as inscricións para a proba de 25 km e a proba curta en Noia, a celebrar o día 16 de febreiro de 2020. Os organizadores, o club Trabandainas, contan coa colaboración do Concello de Noia. Dende o club nos informan de que a ruta será algo máis longa e chegará a uns 26,7 km […]
10/01/2020 – Publicadas as normas do VII Open de Andainas
Publicadas as novas normas do VII Open de Andainas de 25km. Actualizáronse as NORMAS recollendo os novos prezos e as datas das novas probas para o ano 2020. #open25km
Resultados Tui25km 2019
Resultados Tui25km 2019 Parabéns ós mellores de Tui25km, proba celebrada o día 24/11/2019. Os mellores desta proba foron: 1º CASTIÑEIRA LORES BEATRIZ 2º LOPEZ SENIN PAULA 3º PEDROSA GONZALEZ NOELIA Os resultados da proba e da clasificación do Open podedes descárgalos no apartado de Resultados