Ponteareas25km.
Despois das importantes inundacións do río Tea, reabrimos as inscricións para as probas de 12 km e 25 km de regularidade en Ponteareas a celebrar agora o domingo 26/11/2023.
Tendes tódolos datos na web do organizador https://xistra.org onde tamén se poden facer as inscricións.
Como a proba é solidaria este ano haberá fila cero, para que os interesados que non asistan á andaina poidan participar economicamente na axuda solidaria.
O resto dos participantes, a máis da inscrición deberán levar alimentos non perecedeiros no momento das acreditacións.
Información e inscricións en Andaina Solidaria de Ponteareas – C.M.Xistra –