Certo que este ano parecía que acadaríamos un éxito de organización dun Open que tiña previsto a primeiros de ano máis de 8 probas, e finalmente quedamos só 3 organizadores.
Non foi porque os mémbros de Xistra, os organizadores de AndaGuláns, os de Xinzo ou os de Ponteareas non quixeran. Foron as outras probas que preferiron cambiar de liga deportiva, pasando a formar parte dunha amalgama de probas de 12, 25, 30, 50 e 100 km, diluíndose entre tanto a regularidade e a esencia das probas de 25km en Galicia.
A pesares disto, temos os Campións de 2023 do IX Open de Andainas de Regularidade de 25km:
Podedes acceder á clasificación da proba neste enlace https://25km.es/resultados/
Os campións do IX Open de 25km foron:
1.- Rubén Trillo Caamaño – 282.48 Puntos.
2.- Pablo Vilarelle López – 278.26 Puntos.
3.- Carlos Rial Gerpe – 277.57 Puntos.
Este podio final recibirá os trofeos correspondentes nun evento que comunicaremos adecuadamente.
Parabéns ós tres.