25/04/2024

Gulans

ANDAGULÁNS25KM – PÁXINA DE INSCRICIÓNS

**** APERTURA DE INSCRICIÓNS o día 01/02/2024 ****

Inscricións 25 km NORMAL

Inscricións 12 km NORMAL

**** Pechadas as inscricións o 12/03/2024 ****

Inscricións 25 km FEDERADOS

Inscricións 12 km FEDERADOS

PROBA DA LIGA GALEGA DE ANDAINAS 2024 – fedgalmon.gal

Guláns 25 km + Guláns 12 km

Esta andaina (25 km) forma parte da Liga Galega de Andainas de 2024, contemplada no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo

Para realizar esta actividade, organizan a Asociación Cultural de Guláns, Clube de Montaña Xistra, Federación Galega de Montañismo e contamos coa colaboración do Concello de Ponteareas e da Protección Civil.

Información da Ruta

  • Data: 17 de marzo de 2024
  • Distancia: Ruta Circular de 25 km, aproximadamente
  • Dificultade: Media
  • Peche de Inscricións: 12 de marzo de 2024, ás 23:59 horas
  • Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas
  • Punto de Saída e Chegada: Asociación Cultural de Guláns
  • Prezo:
    • AndaGuláns 25 km – Federados: 12 €
    • AndaGuláns 25 km – Non Federados: 15 €
    • AndaGuláns 12 km – Federados: 12 €
    • AndaGuláns 12 km – Non Federados: 15 €

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR NO EVENTO DEPORTIVO.

Información Xeral

IMPORTANTE:

  1. Procurar hidratarse suficientemente.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo.
  3. Aconséllase o uso de bastóns de sendeirismo
  4. Os menores de idade deberán ir acompañados, obrigatoriamente, dun adulto que se faga responsable

¡¡¡ANIMÁDEVOS!!!


** Solución a problemas de inscrición e pagamento nesta web *