Xa está aberta a inscrición para a proba Barbanza25km.
Podedes acceder neste enlace:
VI Open Andainas de Regularidade 25 km
Xa estamos preparando a proba de setembro en Rianxo.
Este é o percorrido que estamos a preparar:
Saída de Campo Maneiro. Pásase pola aldea de Traba (sitio onde está o hórreo con maior capacidade de Galicia); séguese por camiños de monte pasando polas aldeas de Cerqueiras, O Vilar, A Varela, Campelo.
Súbese ata o lateral do Pico Muralla (sen chegar ao cumio) con grandes vistas da Ría de Arousa.
Baixase polo antigo camiño tradicional pasando por Ourille preto do Castro Barbudo, para seguir polo chamado Camiño do Vixilante polo medio dun bosque de acacias ata chegar a Campo Maneiro.
O calendario para o VI Open de Andainas de 25km [ #open25km ], correspondente a 2019, será de 7 probas de regularidade coas datas seguintes (puntuarán os 6 mellores resultados):
29/09/2019 – Barbanza25km – Org. Vintedouspés – barbanza@25km.es #barbanza25km
27/10/2019 – Ponteareas25km – Org. Concello de Ponteareas – ponteareas@25km.es #ponteareas25km
24/11/2019 – Tui25km – Org. Xistra – tui@25km.es #tui25km
#open25km
24/02/2019 – Noia25km – Org. Trabandainas – noia@25km.es #noia25km
Resultados aquí.
17/03/2019 – Marín25km – Org. Concello de Marín – mpmarin@25km.es #mpmarin25km
Resultados aquí.
31/03/2019 – Andaguláns25km – Org. A.C. Guláns – andagulans@25km.es #andagulans25km
Resultados aquí.
07/07/2019 – Cuntis25km – Org. Xesteiras – cuntis@25km.es #cuntis25km
Resultados aquí.