Xa temos aberta a inscrición para a sempre sorprendente Andaina de Guláns, en Ponteareas, a famosa AndaGuláns!!
Os irmáns Soto, os seus veciños de Guláns e os socios de Xistra porán todo o seu mellor facer en que a proba sexa un novo éxito, como vén sendo ano tras ano.
Agora só queda que vos apuntedes, como federados en montañismo ou non, pois é unha proba aberta a tódolos que queiran andar e coñecer un territorio e unhas xentes ben fermosas.
Lembrade escoller en que distancia queredes participar (12 km ou 25 km), e podedes facer a inscrición e o pagamento dende esta web de inscricións https://25km.es/gulans/
Apuntádevos pronto, antes de que suban os prezos ou se rematen as prazas.
Animádevos!!