X AndaGuláns: o 22 de marzo de 2026
O vindeiro 22 de marzo, a parroquia ponteareá de Guláns converterase no corazón do sendeirismo galego coa celebración da X AndaGuláns. Este evento, xa un clásico da Liga Galega de 25 km, e este ano proga da LIS da FEDME, destaca polo esforzo organizativo da Asociación Cultural de Guláns e o Club de Montaña Xistra. Grazas á súa dedicación, os montañeiros de toda Galicia atopan aquí un espazo idóneo para o contacto e a integración. Probas coma esta, integradas no calendario da FGM, son fundamentais para fortalecer a nosa comunidade mentres desfrutamos dun percorrido que prima o compañeirismo sobre a competición.
Coma sempre, a festa e comida final serán un referente máis aló da xornada deportiva.
Información e inscricións en https://25km.es/gulans/