A rolda de prensa celebrada o 20/02/2026 en Noia, coa presenza do Vicepresidente da Federación Fernando Fernández Rey e dos alcaldes dos Concellos da Barbanza, confirmou o regreso da proba raíña do sendeirismo de resistencia: Os 100 do Barbanza. Na presentación, salientouse o enorme esforzo organizativo do Club International Trekkers Barbanza Sar por deseñar un percorrido que une sete concellos.
Con saída e meta no pavillón Alonso Rodríguez o vindeiro 20 de xuño, esta cita non competitiva reafirma o compromiso da organización coa posta en valor do noso rural e o deporte saudable.
Unha loxística impecable que permite aos participantes gozar dunha experiencia única, consolidando ao Barbanza como sede de referencia no calendario deportivo galego.