A andaina de Cuntis namora cun percorrido espectacular e unha organización exemplar
Cuntis, 8 de xuño de 2025 – Cuntis foi escenario o pasado sábado, 7 de xuño, dunha memorable andaina de 50 km que deixou un sabor de boca inmellorable entre os seus participantes. O tempo acompañou para gozar dun trazado cheo de sorpresas que combinou á perfección natureza e patrimonio, destacando os seus bosques de sequoias, os regos con pasais e os antigos elementos etnográficos.
O éxito da xornada debeuse a unha organización cualificada de impecable do C.D.M. Xesteiras.
Desde a perfecta sinalización ata a calidade dos avituallamentos e a exemplar atención aos sendeiristas, todos os detalles foron coidados ao máximo.
Mención especial merece o dispositivo de limpeza, que garantiu que o monte quedase en perfectas condicións, consolidando esta proba como un referente de calidade e respecto polo medio. Unha cita que paga moito a pena.