Este ano, nun tempo record, as probas da Liga Galega de Andainas están colgando o cartel de «non máis entradas».
A proba de Noia, con 700 inscritos, sorprende esta fin de semana cun cheo impresionante que serve para o inicio da Liga de 2025.
Pero tamén as probas de Marín e a dos 100 km do Barbanza, chegaron ó seu tope de inscritos moito antes da data de celebración. Este ano promete un grande éxito do montañismo galego nas probas de marchas de resistencia. Todo un cambio de tendencia respecto dos últimos anos.
Parabéns para os participantes e para os organizadores.