A proba de Ponteareas25km 2023 está prevista para o día 29/10/2023.
Neste momento xa tivemos contactos e unha reunión cos novos responsables do Concello de Ponteareas, e estamos asimilando os cambios que se propoñen para esta nova edición.
É de interese de Xistra e dos socios do club residentes en Ponteareas que a proba poida ser realizada, se ben estamos pendentes da colaboración do municipio para tomar unha decisión.
Manterémosvos informados sobre o respecto.
Grazas pola vosa atención.