Pechouse a inscrición para AndaGuláns25km, tanto para a proba de 25km coma para a de 12 km, cun gran éxito de inscricións.
Tivemos que ampliar o número de prazas varias ocasións. Hai máis de 410 inscritos nas andainas ( dous tercios na de 25 km e o resto na de 12 km) e contamos neste momento xa cuns 48 voluntarios.
Grazas pola vosa confianza e agardamos ter un día moi lúdico e deportivo. Vémonos en Guláns!