A Alcaldesa de Ponteareas, Dª. Cristina Fernández Davila, presentou neste primeiro de marzo, nas magníficas instalacións da Asociación Cultural de Guláns, a nova edición da ruta AndaGuláns. Este ano o evento contará con dúas distancias, a tradicional e cronometrada de 25 km onde se premia a regularidade, e a ruta curta de 12 km para atraer a aqueles participantes que están comezando.
A Asociación ten a axuda do Concello, Protección Civil, moitos veciños colaboradores e o apoio do Clube de Montaña Xistra. A maiores os organizadores queren agradecer ós diversos patrocinadores que achegan recursos desinteresadamente ó evento.
Na foto podemos ver á Alcaldesa sentada sobre o podio e rodeada por organizadores e colaboradores.