O montañismo galego volve demostrar a súa gran vitalidade. A organización da AndaGuláns 2026 vén de anunciar oficialmente que se acadou o límite máximo de 600 participantes, completando as prazas dispoñibles tanto para o percorrido oficial de 25 km como para a modalidade familiar de 12 km. Este «cheo absoluto» confirma a proba de Ponteareas como un dos grandes fitos da Liga Galega de Andainas no seu décimo aniversario.
Queremos agradecer o excelente labor da Asociación Cultural de Guláns e do C.M. Xistra, cuxo compromiso converteu esta cita nun referente de calidade e respecto polo medio natural. Para os afortunados que conseguiron a súa inscrición, agárdavos unha xornada inesquecible polos sendeiros do Condado. A conta atrás para o gran desafío xa comezou: vémonos nas montañas para celebrar unha década de paixón polo sendeirismo e a nosa terra.