Maio 2020 – Cancelado o VII Open de Andainas de Regularidade 25 km

Cancelado o VII Open de Andainas de Regularidade 25 km

Estimados deportístas:

No día de hoxe, 19/05/2020, en reunión telemática dos Organizadores das distintas probas do VII Open de Andainas de Regularidade 25 km tomáronse os seguintes acordos:

1.- A proba de Andaguláns25km que estaba aprazada polo estado de alarma do Covid-19, pasa a ser cancelada definitivamente e procederase a devolver os cartos das inscricións.

2.- As probas de Cuntis, Rianxo, Ponteareas e Vigo, que estaban pendentes de abrir as inscricións, acordan tamén cancelar a súa realización neste ano 2020.

3.- O Coordinador, de acordo co resto dos Organizadores, establece que nesta competición 2020 de sete probas, das que só foron executadas as dúas primeiras, non tendo realizado nin sequera a metade máis unha, non é pertinente a realización dunha clasificación oficial final e polo tanto quedan desertos os premios do Open.

O VII Open de Andainas de Regularidade 25km queda deserto por causas de forza maior.

Agardamos poder informarvos a final de ano das probas de 2021.

Saúdos, saúde e sorte a todos.