12/03/2020 – Emerxencia Sanitaria Coronavirus COVID-19

Guláns, 12 de marzo de 2020

Ante as circunstancias de emerxencia sanitaria que estamos a sufrir, dende Andaguláns vémonos na necesidade de APRAZAR a Andaina de Guláns 25 km inicialmente prevista para o próximo domingo 22 de marzo. A Asociación Artístico Cultural de Guláns, o Clube de Montaña Xistra e Andaguláns senten tomar esta decisión obrigados polas circunstancias que esta a sufrir o noso País.

Unha vez superada esta emerxencia sanitaria proporemos unha nova data para a celebración da nosa Andaina. Todos aqueles andaríns que xa estean inscritos e non podan acudir na nova data, seralles devolto o importe da sua inscrición.

A ORGANIZACIÓN