2019 Un comezo extraordinario

Este ano, coa incorporación de novos clubs na organización do Open de Andainas 25km, estamos apreciando un despegue no número de participantes. As probas de Noia e Marín veñen de romper tódolos records de probas anteriores en participación.

Noia25km (organizada polo club federado Trabandainas) tivo unha participación de 408 inscritos entre as 2 probas (25 km e 15 km), mentres que MPMarín25km (organizada polo Concello de Marín coa colaboración de multitude de voluntarios e do club federado Xesteiras) chegou ata os 695 inscritos para as 2 probas deste domingo pasado.

Parabéns ós organizadores e grazas pola marabillosa participación de andaríns.

Resultados MPMarín25km 2019

Parabéns ós mellores de MPMarín25km, proba celebrada o día 17/03/2019 cun record de participación.

Os mellores desta proba foron:

1º Toño López Villar
2º Antonio Vázquez Vázquez
3º Fco. Gabriel Ouviña Vázquez

Os resultados da proba e da clasificación do Open podedes descárgalos no apartado de Resultados.