Calendario de probas para 2019

O calendario para o VI Open de Andainas de 25km [ #open25km ], correspondente a 2019, será de 7 probas de regularidade coas datas seguintes:

24/02/2019 – Noia25km – Org. Trabandainas – noia@25km.es #noia25km
Resultados aquí.

17/03/2019 – Marín25km – Org. Concello de Marín – mpmarin@25km.es #mpmarin25km
Inscrición aquí.

31/03/2019 – Andaguláns25km – Org. A.C. Guláns – andagulans@25km.es #andagulans25km
Inscrición aquí.

07/07/2019 – Cuntis25km
– Org. Xesteiras – cuntis@25km.es #cuntis25km

29/09/2019 – Barbanza25km
– Org. Vintedouspés – barbanza@25km.es #barbanza25km

27/10/2019 – Ponteareas25km
– Org. Concello de Ponteareas – ponteareas@25km.es #ponteareas25km

24/11/2019 – Tui25km
– Org. Xistra – tui@25km.es #tui25km

#open25km

A proba de Tui25km moi accidentada.

Tui25km – 18/11/2018

Proba realizada con moitas dificultades por sabotaxe das marcas colocadas para a mesma.

Finalmente a proba non contou para facer as puntuacións do V Open de Andainas co fin de non penalizar ós participantes que sufriron os despistes propios dunha marcaxe modificada con mala intención.

Pedimos desculpas polas molestias xeradas, aínda sen ser responsabilidade nosa.

APRAZADA A PROBA DE TUI25km

Notificamos a tódolos inscritos de Tui25km 2018, evento previsto para o día 11, que con motivo das malas previsións meteorolóxicas que ameazan con fortes ventos e situacións de alerta, estamos a dar os pasos necesarios (autorizacións de entidades públicas) para aprazar a proba unha semana. Polo tanto a nova data para a proba de Tui é o domingo día 18/11/2018.

Así mesmo establécese coma nova data de final de inscrición o día 14/11/2018.

Para aqueles inscritos que non poidan asistir á proba a consecuencia do cambio de data ábrese de forma excepcional o dereito a solicitar a devolución da inscrición e disporán ata o luns 12 para poder reclamar os seus cartos. Os interesados nesta devolución deben remitir un correo electrónico que no concepto indique o nome da proba (Tui25km – Open de Andainas), o seu DNI e os seus Nome e Apelidos, e “Solicitude de Devolución Inscrición” dirixido a consulta@championchipnorte.com

Os que non soliciten a devolución ata o día 12 serán considerados inscritos en firme na proba do día 18/11/2018, e non terán dereito á devolución.

Dende o Clube de Montaña Xistra pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar tendo en conta que son alleas a nós e só motivadas polas adversas previsións meteorolóxicas.

Clube de Montaña Xistra